Todos os recursos publicados neste blogue teñen unha finalidade exclusivamente educativa. Se algún está sometido a dereitos de autor/autora e non desexa que aparezan neste, rogo se poñan en contacto comigo e serán eliminadas

jueves, 25 de marzo de 2010

miércoles, 10 de marzo de 2010

QUE É O DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA?


Que é o Día Internacional da Lingua Materna?_
É unha conmemoración que se celebra o 21 de febreiro de cada ano, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.

Que son as linguas?_
Segundo sinala a ONU, "as linguas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento da nosa herdanza cultural". Deste xeito, toda iniciativa para promover a difusión das linguas maternas servirá para incentivar a diversidade lingüística e "crear maior conciencia sobre as tradicións lingüísticas e culturais do mundo e mais inspirar a solidariedade baseada no entendemento, na tolerancia e no diálogo".



As propostas para o Día Internacional da Lingua Materna son:

1. Educa no respecto a todas as linguas

2. Transmite o valor da diversidade

3. Cultiva as linguas con menos falantes

4. Fomenta a aprendizaxe de linguas

5. Perde o medo a equivocarte

6. Déixalles aos teus fillos unha herdanza valiosa

7. Acolle as outras linguas que te rodean

8. Non lle peches a ninguén as portas da túa lingua

9. Practica o ecoturismo lingüístico

10. Fala tamén para os que están preto

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

domingo, 7 de marzo de 2010

PARA A REFLEXIÓN: CARTA DUNHA NAI


Queridos todos:

Voume. Volverei cando saibades onde están gardadas as bólas de naftalina, cando a nosa casa xa non teña segredos para ningún de vós, cando sexades capaces de descifrar os códigos dos botóns da lavadora, cando logredes reprimir o impulso de chamarme a berros se se acaba a pasta de dentes ou o papel hixiénico. Volverei cando esteades dispostos a levar comigo a coroa de raíña da casa. Cando non me necesitedes máis que para compartir.
Xa sei que me botaredes de menos, estou segura. Tamén eu a vós, pero só desaparecendo poderei encher os ocos que o voso agarimo me produce... Só poderei estar segura de que verdadeiramente me queredes cando non teñades necesidade de min para comer ou para vestirvos ou para lavarvos ou para atopar as tesoiras. Xa non quero ser a raíña da casa, estou farta, canseime de tan gran responsabilidade e caín na conta de que se sigo xogando o papel de nai súper non lograrei inculcarvos máis que unha mentalidade de súbditos. E eu quérovos libres e moderadamente suficientes e autónomos.
Xa sei que o voso comportamento comigo non é máis que un deixarse levar pola miña rutina; tamén por iso quero pór terra por medio. Se quedo, seguirei póndovos todo ao alcance da man, xogando o meu papel de omnipresente para que me queirades máis.
Si, para que me queirades máis. Deime conta de que todo o que fago é para que me queirades máis, e iso paréceme tan perigoso para vós como para min, é unha trampa para todos.
Asegúrovos que non me vou por cansazo, aínda que sexa unha lata durmirse todas as noites pensando na comida do día seguinte e facer a compra a correr cando vés do traballo e, a longo prazo, pesa moito a teima de ver sempre un veo de po nos mobles cando sento un intre no sofá, e a perenne atracción cara á bayeta e a cera. Pero non é só por iso. Non. Tampouco me vou porque estea farta de pór a lavadora mentres me desabrocho o abrigo nin porque queira estar máis libre para facer carreira no meu traballo. Non. Hai xa moito tempo que tiven que elixir unha perpetua interinidade na miña profesión porque non podía compatibilizar unha maior dedicación mental ao traballo profesional coa lista da compra. Voume para ensinarvos a compartir, pero sobre todo voume para ver se aprendo a delegar.
Porque se o consigo, non volverei nunca máis a sentirme culpable cando non saquedes notas brillantes ou cando se queimen as lentellas ou cando algún non teña camisa planchada que poñer.
A culpa de que sexa imprescindible na casa é só miña, así que desaparecendo eu por uns días, darédesvos conta vós de que a monarquía doméstica é facilmente derrocable e quizá eu poida aprender a humildade necesaria para ser, cando volva, unha máis entre a plebe.
Cando atopedes a naftalina non deixedes de avisarme. Seguro que para entón eu tamén teña aprendido a non ser tan excesivamente boa. Pode ser que ese día non nos queiramos máis, pero seguro que nos quereremos mellor.

Bicos. Mamá.
CARTA DUNHA NAI AOS SEUS FILLOS

MULLERES LOITADORAS NA HISTORIA

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

8 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


O 8 de marzo é momento de renovar o compromiso pola equidade e por un mundo máis igualitario para mulleres e homes. É certo que se ten avanzado mais non podemos esquecer que aínda hai mulleres que non disfrutan de dereitos, que a pobreza ten rostro feminino, que a violencia se ensaña con elas, que non hai igualdade no salario, que seguen a ser as principais responsables do coidado dos nenos e nenas e das persoas maiores,...
É un día para o encontro, o intercambio, a reflexión e o optimismo.
FELIZ DÍA