Todos os recursos publicados neste blogue teñen unha finalidade exclusivamente educativa. Se algún está sometido a dereitos de autor/autora e non desexa que aparezan neste, rogo se poñan en contacto comigo e serán eliminadas

martes, 23 de noviembre de 2010

domingo, 21 de noviembre de 2010

MALTRATO INFANTIL

NON AO MALTRATO INFANTIL

LOITAR CONTRA A SIDA INFANTIL

KIMBO

CANTANDO POLOS NOSOS DEREITOS

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA: 20 de novembro


O primeiro reto é reducir a mortalidade infantil, cada día morren 22.000 nenos e nenas menores de cinco anos no mundo por causas evitables. Moitos traballan co obxectivo de reducir as cifras e o seu esforzó da froitos: nos últimos dez anos se ten rebaixado nun 30%.
O segundo reto é evitar a transmisión da SIDA aos nenos e tratar aos infectados.
O terceiro reto é a escolarización de todos os nenos e nenas (en América Latina xa se conseguiu nun 95%).
O cuarto reto é a protección da infancia para evitar os abusos, desde os nenos soldados, á explotación laboral, sexual, os matrimonios forzados.

En pleno século XXI, hai entre 500 e 1.500 millóns de nenos e nenas que teñen sufrido violencia, a inconcreción das cifras xa é reveladora: 150 millóns de menores entre 5 e 14 anos traballan; máis de 64 millóns de mozas entre 20 e 24 anos din que foron casadas antes de cumprir os 18. Aínda hai 100 millóns de nenos e nenas que non poden ir á escola ( o 70% por vivir en zonas de conflicto) e 148 millóns teñen un peso inferior ao que lles correspondería por idade.
Todo polos nenos – El País Semanal

En España cerca de 2 millóns de nenos e nenas viven na pobreza

sábado, 20 de noviembre de 2010

DECLARACIÓN DOS DEREITOS DA MENIÑA E DO MENIÑO

Dereitos nenos

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA


Hoxe lembramos que os nenos e as nenas posúen uns dereitos inalienables, aínda así millóns en todo o mundo non poden disfrutalos. Reclamemos entre todas e todos a súa observancia e protección.

lunes, 8 de noviembre de 2010

miércoles, 3 de noviembre de 2010

UN GRAN PROXECTO HUMANO: WANGARI MAATHAI


Hai persoas que non se contentaron con queixarse do mal que está o mundo, senón que fixeron o posible para melloralo. Grazas a elas, cambiaron moitas cousas. Merecen a nosa admiración e gratitude. A historia avanza grazas a proxectos elaborados por persoas intelixentes e xenerosas.
A Wangari Maathai lle foi concedido o Premio Nobel da Paz no ano 2004,esta muller kenyana fora a primeira muller de África oriental que conseguira un doutoramento en bioloxía.
Loitou contra a privatización dos campos comunais e conseguiu fondos para financiar viveiros, coidados por mulleres necesitadas. O seu proxecto "cinturón verde" foi crear bosques para mellorar a calidade de vida dos seus compatriotas, Ata agora plantou máis de 30 millóns. Unha muller soa conseguiu mobilizar moita xente e logrou uns resultados extraordinarios, cun proxecto moi sinxelo.

UNHA SOCIEDADE XUSTA E FELIZ


PARA LEMBRAR:
- A felicidade é o estado de satisfacción persoal en que podemos desenvolver o noso proxecto de vida.
Unha sociedade xusta e feliz facilita que academos a felicidade persoal. A felicidade política ou compartida só está presente nas sociedades xustas.

CIDADÁNS DUN ESTADO e CIDADÁNS DO MUNDO


COUSAS PARA LEMBRAR:
Temos graos distintos de cidadanía:
- Somos veciños e veciñas da nosa cidade ou localidade.
- Temos a nacionalidade do Estado ao que pertencemos.
- Todos e todas deberíamos considerarnos "cidadáns" do mundo.
A cidadanía ( nacionalidade ) dun Estado permite gozar dos dereitos propios dese páis. A cidadanía do mundo está protexida polos dereitos humanos.