Todos os recursos publicados neste blogue teñen unha finalidade exclusivamente educativa. Se algún está sometido a dereitos de autor/autora e non desexa que aparezan neste, rogo se poñan en contacto comigo e serán eliminadas

lunes, 21 de febrero de 2011

Un saúdo

LIGA DE DEBATE


Parabéns polo pase á final ao profe Luis Pereiro e aos alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato e 4º da ESO que están a representar ao noso centro na Liga de Debate, organizada polo Concello.
Esperamos veros o vindeiro sábado 26, ás 11.30 no Café Moderno para darlles todo o noso apoio.

sábado, 19 de febrero de 2011


Galicia súmase á conmemoración do Día da Lingua Materna, unha iniciativa que busca promover a diversidade lingüística.
O obxectivo desta celebración, aprobada pola UNESCO en 1999, é impulsar a práctica das linguas maternas en todo o mundo, en especial, as das minorías.

21 de Marzo: Día Internacional da Lingua Materna


International Mother Language Day
Journée internationale de la langue maternelle
Internasionale Dag van die Moedertaal
Dita Ndërkombëtare e Nënës Language
اليوم الدولي للغة الأم من
Միջազգային օրը Մայրենի լեզվի
Ama Hizkuntzen Nazioarteko Eguna
Dia internacional de la Llengua Materna
Международен ден на майчиния език
國際母語日
Međunarodni dan maternjeg jezika
International Day of emakeelepäeva
Internationaler Tag der Muttersprache
Διεθνής Ημέρα Μητρικής Γλώσσας
היום הבינלאומי של השפה אמא
मातृ भाषा के अंतर्राष्ट्रीय दिवस
母言語の国際デー
Tarptautinės dienos gimtosios kalbos
Międzynarodowy Dzień Języka Ojczystego
Dia Internacional da Língua Mãe
Siku ya Kimataifa ya Lugha ya Mama
ระหว่างวันภาษาแม่
Anne Dil Günü
ماں کی زبان کا عالمی دن
אינטערנאַציאָנאַלער טאָג פון אדעסא שפּראַך
Diwrnod Rhyngwladol Iaith Fam

Os prexuízos lingüísticos

jueves, 17 de febrero de 2011

Un Clic polo noso Patrimonio


Xuntos, 2ºA+2ºB+2ºC e as profes Henar, Carmen e Luisa, fumos quen de pasar unha xornada estupenda aprendendo co noso Patrimonio, cooperando e traballando por equipos, ao tempo que nos comportamos como cidadáns conscientes da necesidade de respectar os espazos compartidos.
Aprender a vivir xunt@s é a clave dunha educación que crea espazos para todas e todos.
Esperamos repetir a experiencia noutras ocasións.

sábado, 12 de febrero de 2011

Un clic polo Patrimonio

2011

UN CLIC POLO NOSO PATRIMONIO


o vindeiro xoves 17 de febreiro, os e as estudantes de 2º da ESO de Educación para a cidadanía desenvolverán unha proposta de investigación na cidade de Pontevedra. Estudiarán, seleccionarán e fotografiarán elementos do noso Patrimonio ao tempo que realizarán unha experiencia de "foto denuncia"

Lois Pereiro


"Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria"

Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano 1958. Con dezasete anos marchou a Madrid para continuar os seus estudos e alí fundou, xunto con Antón Patiño, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, a revista Loia, que só coñecería catro números (o último de 1978). Nesta publicación apareceron poemas do escritor monfortino que posteriormente serían recollidos en Poemas para unha loia (1996) —libro en que se inclúe o ensaio “Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia”, que fora dado a coñecer ese mesmo ano nas páxinas da revista Luzes de Galiza.

De regreso ao país, Pereiro figurou nas antoloxías colectivas recollidas baixo os títulos De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), compilacións en que figuran nomes como Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fernán-Vello,Manuel Rivas, Xavier Seoane, Francisco Salinas, Xulio Valcárcel, Lino Braxe e outros poetas de moi diferentes tendencias mais que partillaban inquedanzas culturais. Entre as iniciativas conxuntas deste grupo heteroxéneo destaca o sostimento da revista Luzes de Galiza, onde viron a luz —para alén do ensaio xa citado— os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do paradiso.

En vida Pereiro só publicou dúas obras, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía de amor e enfermidade (1995), duros e espidos poemarios en que se fan patentes as pegadas expresionistas, as referencias á literatura xermánica e certos trazos da contracultura. Enfermo de SIDA, Lois Pereiro faleceu na Coruña o 24 de maio de 1996 a causa do envelenamento por aceite de colza desnaturalizado, o mesmo día que se coñeceu a sentencia do caso.

17 de Maio de 2011. Día das Letras Galegas

Mundo Lois from Mundo Lois on Vimeo.


Este é o ano do poeta Lois Pereiro

jueves, 10 de febrero de 2011

martes, 1 de febrero de 2011