Todos os recursos publicados neste blogue teñen unha finalidade exclusivamente educativa. Se algún está sometido a dereitos de autor/autora e non desexa que aparezan neste, rogo se poñan en contacto comigo e serán eliminadas

lunes, 28 de diciembre de 2009

PURO LÉREZ


Ven coñecer o noso río. É unha producción de dominio público para a campaña de saneamento integral do Lérez.

sábado, 12 de diciembre de 2009

PREMIO MARTA MATA Á CALIDADE EDUCATIVA


Parabéns a todas e todos os que conformamos a comunidade educativa do IES "Luís Seoane" por ter recibido o 2º premio Marta Mata á calidade dos centros educativos. O noso director Raimundo, coa vicedirectora Carmen, as profesoras Enma e Luisa e a alumna Arantxa, desprazáronse a Madrid para recibir o galardón de máns do Ministro de Educación.
É unha mostra do que estamos a conseguir nun traballo conxunto ilusionante e ilusionado, así que temos que sentirnos orgullosos do noso centro.

lunes, 23 de noviembre de 2009

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


25 de novembro, unha data para lembrar. Hoxe facemos unha reflexión sobre un feito que se está a repetir en todas as partes do mundo, en todas as clases sociais, en todos os niveis educativos, a violencia contra a muller.
Un feito salientable é que os xóvenes tamén están a repetir un esquema de violencia e dominación (o 40% das víctimas do 2009 en España tiñan menos de 30 anos).

CIdadanas e cidadáns dun Estado e do mundo


A idea de "cidadanía" apareceu na Grecia antiga e logo en Roma. Cidadán era o que podía gozar da protección das leis dunha cidade. Moitos séculos despois cidadán é o que participa no poder político.
PARA LEMBRAR:
Temos graos distintos de cidadanía:
- Somos veciños/as da nosa cidade ou localidade.
- Temos a nacionalidade do Estado ao que pertencemos.
- Todos deberíamos considerarnos "cidadáns do mundo" polo feito de sermos persoas.
A cidadanía (nacionalidade) dun Estado permite gozar dos dereitos propios dese país. A cidadanía do mundo está protexida polos Dereitos Humanos.

domingo, 22 de noviembre de 2009

Geo visitors

Geo Visitors Map


O día 20 de novembro de 1989 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a "Convención de dereitos dos Nenos" que se ven utilizando en todo o mundo para promover e protexer os dereitos da infancia. Se ben é certo que se ten avanzado moito desde entón tampouco é menos certo que se dan múltiples incumprimentos e que millóns de nenos e nenas no planeta seguen a padecer a fame, a falta de educación, a explotación laboral, a desatención ou o desafecto. Pero debemos procurar entre todas e todos facer realidade o exercicio dos seus dereitos para construir un mundo mellor, máis xusto e máis equitativo.

miércoles, 18 de noviembre de 2009

sábado, 14 de noviembre de 2009

PARA LEMBRAR


Necesitamos vivir en sociedade:
- para sobrevivir.
- para comunicarnos e desenvolvernos como persoas.
- para ampliar as nosas posibilidade vitais e progresar.

A política é a arte e a ciencia de organizar a convivencia social para buscar a xustiza e o ben común. Con este fin, organiza a convivencia en sociedade mediante as leis e as institucións.


As leis e institucións poñen límites aos abusos e comportamentos inxustos e axudan a acadar o ben común.


Paulo, un dos nosos compañeiros, cambiou de Instituto así que desde o noso blog queremos decirlle adeus e desexarlle os maiores éxitos no seu novo centro.
Unha aperta e boa sorte.

Benvidos ao noso punto de encontro de Educación para a cidadanía


Estamos a facer este espazo para poder falar de cidadanía, de intelixencia emocional, de felicidade, de valores,..., pero tamén para que vexades como é o noso grupo e a nosa clase, como traballamos, como somos capaces de cooperar , de convivir e, en definitiva, de construir todas e todos xuntos unha comunidade de aprendizaxe.