Todos os recursos publicados neste blogue teñen unha finalidade exclusivamente educativa. Se algún está sometido a dereitos de autor/autora e non desexa que aparezan neste, rogo se poñan en contacto comigo e serán eliminadas

miércoles, 3 de noviembre de 2010

UN GRAN PROXECTO HUMANO: WANGARI MAATHAI


Hai persoas que non se contentaron con queixarse do mal que está o mundo, senón que fixeron o posible para melloralo. Grazas a elas, cambiaron moitas cousas. Merecen a nosa admiración e gratitude. A historia avanza grazas a proxectos elaborados por persoas intelixentes e xenerosas.
A Wangari Maathai lle foi concedido o Premio Nobel da Paz no ano 2004,esta muller kenyana fora a primeira muller de África oriental que conseguira un doutoramento en bioloxía.
Loitou contra a privatización dos campos comunais e conseguiu fondos para financiar viveiros, coidados por mulleres necesitadas. O seu proxecto "cinturón verde" foi crear bosques para mellorar a calidade de vida dos seus compatriotas, Ata agora plantou máis de 30 millóns. Unha muller soa conseguiu mobilizar moita xente e logrou uns resultados extraordinarios, cun proxecto moi sinxelo.

2 comentarios:

  1. iso é unha muller loitadora !!!! enoraboa e ela merece un gran recoñecemento por esa labor . animo !

    ResponderEliminar
  2. iso é unha muller loitadora !!!! enoraboa e ela merece un gran recoñecemento por esa labor . animo !e non che fago a pelotilla profe , pero encantame o teu blog !!!!!

    ResponderEliminar