Todos os recursos publicados neste blogue teñen unha finalidade exclusivamente educativa. Se algún está sometido a dereitos de autor/autora e non desexa que aparezan neste, rogo se poñan en contacto comigo e serán eliminadas

martes, 25 de octubre de 2011


PAUL RÍOS, PORTAVOZ DE LOKARRI, PREMIO PORTAPAZ

O Seminario Galego de Educación para a Paz acordou conceder o seu PREMIO PORTAPAZ a D. Paul Ríos, portavoz de Lokarri, REDE CIDADÁ POLO ACORDO, A CONSULTA E A RECONCILIACIÓN de Euskadi, "en xusto recoñecemento ó seu enorme esforzo e traballo por conseguir o remate da violencia de ETA, de maneira máis particular, pola magnífica organización da CONFERENCIA INTERNACIONAL PARA PROMOVER A RESOLUCION DO CONFLITO NO PAIS VASCO e a súa Declaración Final, aunténtica antesá do final definitivo das accións armadas de ETA", tal e como figura nunha carta remitida ó galardoado e que figura como documento anexo.

O Presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, Manuel Dios, tivo a oportunidade de falar hoxe persoalmente con Paul Ríos, de trasladarlle a decisión da Xunta Directiva do SGEP e de felicitalo polo premio. Paul Ríos mostrou a súa satisfacción, agradeceu o recoñecemento a Lokarri, especialmente, e confirmou que estará en Santiago de Compostela o próximo 30 de Xaneiro, Día Escolar pola Paz, aniversario da morte de Gandhi, para recoller persoalmente o galardón, e pronunciar unha conferencia sobre o proceso que levou ó final definitivo da violencia de ETA.

Entre os galardoados anteriores están, entre outros, Adolfo Pérez Esquivel, Gesto por la Paz, Federico Mayor Zaragoza, Baltasar Garzón, Jonan Fernández, director de Baketik, Manolo Rivas, Gervasio Sánchez, Karen Marón, Manuela Mesa, Xosé Couso (in memorian), ou a Plataforma do 0,7%.

No hay comentarios:

Publicar un comentario