Todos os recursos publicados neste blogue teñen unha finalidade exclusivamente educativa. Se algún está sometido a dereitos de autor/autora e non desexa que aparezan neste, rogo se poñan en contacto comigo e serán eliminadas

miércoles, 3 de noviembre de 2010

UN GRAN PROXECTO HUMANO: WANGARI MAATHAI


Hai persoas que non se contentaron con queixarse do mal que está o mundo, senón que fixeron o posible para melloralo. Grazas a elas, cambiaron moitas cousas. Merecen a nosa admiración e gratitude. A historia avanza grazas a proxectos elaborados por persoas intelixentes e xenerosas.
A Wangari Maathai lle foi concedido o Premio Nobel da Paz no ano 2004,esta muller kenyana fora a primeira muller de África oriental que conseguira un doutoramento en bioloxía.
Loitou contra a privatización dos campos comunais e conseguiu fondos para financiar viveiros, coidados por mulleres necesitadas. O seu proxecto "cinturón verde" foi crear bosques para mellorar a calidade de vida dos seus compatriotas, Ata agora plantou máis de 30 millóns. Unha muller soa conseguiu mobilizar moita xente e logrou uns resultados extraordinarios, cun proxecto moi sinxelo.

UNHA SOCIEDADE XUSTA E FELIZ


PARA LEMBRAR:
- A felicidade é o estado de satisfacción persoal en que podemos desenvolver o noso proxecto de vida.
Unha sociedade xusta e feliz facilita que academos a felicidade persoal. A felicidade política ou compartida só está presente nas sociedades xustas.

CIDADÁNS DUN ESTADO e CIDADÁNS DO MUNDO


COUSAS PARA LEMBRAR:
Temos graos distintos de cidadanía:
- Somos veciños e veciñas da nosa cidade ou localidade.
- Temos a nacionalidade do Estado ao que pertencemos.
- Todos e todas deberíamos considerarnos "cidadáns" do mundo.
A cidadanía ( nacionalidade ) dun Estado permite gozar dos dereitos propios dese páis. A cidadanía do mundo está protexida polos dereitos humanos.

jueves, 23 de septiembre de 2010

"El laberinto de la felicidad" (Álex Rovira/ Francesc Miralles)


Ariadna é unha muller perdida nun laberinto onde, para saír, debe atopar a resposta ás cuestións existenciais.
Neste camiño imos acompañala e tratar de descubrir con ela cal é o camiño que conduce á felicidade.

FALAMOS DE MARIO BENEDETTI


Poeta e novelista uruguaio nacido en 1920 en Paso de Los Toros.
Recibiu a formación primaria e secundaria en Montevideo e aos dazaoito anos trasladouse á Bós Aires onde residiu por varios anos. Do 1945 ao 1974 formou parte do semanario "MARCHA"
Ocupou o cargo de director do Departamento de Literatura Hispanoamericana na Facultade de Humanidades e Ciencias da Universidade de Montevideo.
Radicouse en España en 1983, recibindo o VIII Premio Raíña Sofía de Poesía e o título Doctor Honoris Causa pola Universidade de Alacante.
A súa vasta producción literaria abarca todos os xéneros, incluindo letras de cancións, contos e ensaios, traducidos a diferentes idiomas.
Destacamos, na súa obra, a novela «Gracias por el fuego», «El olvido está lleno de memoria» e os poemarios «Inventario Uno» e «Inventario Dos».
Finou en Montevideo en maio do 2009.

domingo, 19 de septiembre de 2010

PALABRAS PARA UNHA BOA VIDA


“Primero que todo,

Me gusta la gente que vibra, que no hay que empujarla, que no hay que decirle que haga las cosas, sino que sabe lo que hay que hacer y que lo hace en menos tiempo de lo esperado.

Me gusta la gente con capacidad para medir las consecuencias de sus acciones, la gente que no deja las soluciones al azar.

Me gusta la gente estricta con su gente y consigo misma, pero que no pierda de vista que somos humanos y nos podemos equivocar.

Me gusta la gente que piensa que el trabajo en equipo, entre amigos, produce más que los caóticos esfuerzos individuales.

Me gusta la gente que sabe la importancia de la alegría.

Me gusta la gente de criterio, la que no se avergüenza de reconocer que no sabe algo o que se equivocó.

Me gusta la gente que al aceptar sus errores, se esfuerza genuinamente por no volver a cometerlos.

Me gusta la gente capaz de criticarme constructivamente y de frente; a éstos los llamo mis amigos.

Me gusta la gente fiel y persistente, que no desfallece cuando de alcanzar objetivos e ideas se trata.

Me gusta la gente que trabaja por resultados.

Con gente como ésa, me comprometo a lo que sea, ya que con haber tenido esa gente a mi lado me doy por bien retribuido.”

MARIO BENEDETTI

UN NOVO CURSO


Benvidas e benvidos ao novo curso de Educación para a cidadanía e os Dereitos Humanos, aínda non nos presentamos mais este blog será, de novo, o noso espazo para a reflexión, o encontro, a información.