Todos os recursos publicados neste blogue teñen unha finalidade exclusivamente educativa. Se algún está sometido a dereitos de autor/autora e non desexa que aparezan neste, rogo se poñan en contacto comigo e serán eliminadas

domingo, 21 de noviembre de 2010

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA: 20 de novembro


O primeiro reto é reducir a mortalidade infantil, cada día morren 22.000 nenos e nenas menores de cinco anos no mundo por causas evitables. Moitos traballan co obxectivo de reducir as cifras e o seu esforzó da froitos: nos últimos dez anos se ten rebaixado nun 30%.
O segundo reto é evitar a transmisión da SIDA aos nenos e tratar aos infectados.
O terceiro reto é a escolarización de todos os nenos e nenas (en América Latina xa se conseguiu nun 95%).
O cuarto reto é a protección da infancia para evitar os abusos, desde os nenos soldados, á explotación laboral, sexual, os matrimonios forzados.

En pleno século XXI, hai entre 500 e 1.500 millóns de nenos e nenas que teñen sufrido violencia, a inconcreción das cifras xa é reveladora: 150 millóns de menores entre 5 e 14 anos traballan; máis de 64 millóns de mozas entre 20 e 24 anos din que foron casadas antes de cumprir os 18. Aínda hai 100 millóns de nenos e nenas que non poden ir á escola ( o 70% por vivir en zonas de conflicto) e 148 millóns teñen un peso inferior ao que lles correspondería por idade.
Todo polos nenos – El País Semanal

En España cerca de 2 millóns de nenos e nenas viven na pobreza

No hay comentarios:

Publicar un comentario