Todos os recursos publicados neste blogue teñen unha finalidade exclusivamente educativa. Se algún está sometido a dereitos de autor/autora e non desexa que aparezan neste, rogo se poñan en contacto comigo e serán eliminadas

jueves, 16 de diciembre de 2010

FORO MUNDIAL DA EDUCACIÓN


O pasado 11 de decembro un grupo de estudantes do comité UNESCO participou, xunto cos alumnos e alumnas do IES "Pedra da Auga" no foro celebrado en Santiago. Presentaron unha serie de proxectos: o río Lérez, as árbores do río, os canteiros, muller e inmigración, democracia e participación políticas, a miña carta ás florestas, ...
Despois, estiveron aprendendo con Xabier e os seus alumnos a falar coa linguaxe internacional de signos, no marco do proxecto "o multilingüismo nas túas máns".
Tiveron, ademais, a posibilidade de encontrarse con Rufina Moreno, Coordinadora Estatal do PEA-UNESCO, con Lola Morillas, coordinadora do proxecto Youth-Exchange e con Susi Enguídanos, unha querida amiga das escolas e mestra dalgúns dos nosos estudantes na escola de infantil "Os Campos".
Noutra entrada contaremos máis polo miúdo como nos foi.

No hay comentarios:

Publicar un comentario