Xuntos, 2ºA+2ºB+2ºC e as profes Henar, Carmen e Luisa, fumos quen de pasar unha xornada estupenda aprendendo co noso Patrimonio, cooperando e traballando por equipos, ao tempo que nos comportamos como cidadáns conscientes da necesidade de respectar os espazos compartidos.
Aprender a vivir xunt@s é a clave dunha educación que crea espazos para todas e todos.
Esperamos repetir a experiencia noutras ocasións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario